No dia 18 de Marzo a Casa da Xuventude de Galiza en Lisboa tivo o acerto de organizar unha homenaxe a Cunqueiro e o erro de me convidar a min para falar. Segue agora a transcrición do discurso, previo á laconada de entroido. Polo menos para min, foi todo un pracer. (Ollo!! É un texto longo e oral, así que paciencia…). Continue Reading »
Pois resulta que a minha actual participación na blogosfera portuguesa (que é así como un salón de té no que as persoas conversan, só que esas persoas se fan chamar earthquake, the last warrior ou tifoon e levan roupas de licra axustada) levantoume un montón de saudades da vella corte… a ver se paso mais por aquí (xa de levar cunha cadeira na cabeza, polo menos que sexa dun dos cinco colegas que pasan por aquí).
No próximo episodio: Cunqueiro e Battiato (case nada!!)
Non parece así moi boa ideia isto de colaborar noutras leiras cando teño a miña sen traballar… mais o convite foi tan tentador que non lle puiden dicir que non.
Só podo asegurar que esta colaboración non influirá para nada na regularidade dos pregoeiros desta vosa corte.
Verémonos mais asiduamente (e en galego alargado) no:
Lin hai uns tempos unha entrevista a Xesús Pisón (na revista CasaHamlet) na que o autor fala sobre o teatro. Entre outras moitas cousas afirma que:
“Eu creo no texto. En teatro, o máis importante é o texto. No século xx houbo experiencias en sentido contrario, e os resultados foron pobres. O problema é que hai xente que aínda non se decatou.”
Roberto Varela é o noso Conselleiro de Cultura, con máis ou menos afortunadas declaracións sobre o ensimismamento. Se ben que a posta non trata desas cousas.
Roberto Varela foi acusado de ter perpetrado un dos máis chechérrimos casos de toponimia fición: «Desván de los monjes» (no canto de, claro, Sobrado dos Monxes).
(Cito: «¡Dejen de buscar basura en Internet!», recomendó Varela y espetó: «Hay que ser estúpido para pensar que yo voy a decir ‘Desván de los Monjes»)
Aquí o tete, que é bastante estúpido, pensou que o conselleiro tería sido capaz de tamaña fabulación toponímica… Mais deixou de lado a cousa unha vez que o própio conselleiro negaba o asunto tan rotundamente.
Estou tremendamente confuso. Ando seguindo o tema do galego no ensino, xa sabedes que é algo que me preocupa, e agora xa non sei o que pensar.
Eu son unha persoa razoábel, destas que se visten polos pes, e fago caso a todo o que me dí o meu goberno… que para iso me representa e foi votado pola maioría. E digo eu que non van mentir, que non foron eleitos para andar con trolas.
Resulta que o goberno e os responsábeis en política lingüística (que digo eu que se eliminaron a palabra «normalización» por ser feia… o que esperan para acabar con ese enxendro: «política lingüística») veñen remarcando que a inmersión é unha cousa terríbel. E ben pensado si. Aí as persoas sen poder respirar, agobiadas, de cor azul (como as galiñas), cos peixes a comer nelas… un non pode evitar pensar na Laura Palmer na praia, víctima da inmersión exercida na galescola de Twin Peaks. Ou nos contos infantís, onde a serea anda tola para ir a terra firme (claro, farta da inmersión).
Ademáis, iso da inmersión separa perfeitamente aos grupos envolvidos: os que andan sequiños, sen cheirar a salitre nen ter algas nos pantalóns e os que levan o bañador meyba pegado ao corpo (e a xenten non está para ir alardeando por aí) e todos cheos de areas (que incomodidade!). Colonia vs Salitre. Enxoitos contra enchoupados.
(O presidente da RAG, desatado)
Pois iso: que se o noso presidente, o noso secretario xeral de política lingüística (con quen comparto admiración por Ronseltz), o noso conselleiro de cultura e até grandes intelectuais modernos falan contra a inmersión pois algo de razón terán. Claro que enfronte teñen aos membros da academia e do consello da cultura e aos profesores e especialistas… até ao consello de Europa! Pero claro, xa se sabe que os europeus están lonxe daquí e non controlan ben o que se pasa; que non nos entenden, non. Os representantes institucionais culturais, vivindo entre libros, tampouco saben o que dí a maioría silenciosa e os profesores… bon, realmente a ninguen lle interesou nunca o que din os profesores.
Xa estaba eu tan convencido das maldades da inmersión que nin baño tomaba (co trauma que conleva na praia… que aquí no sul aínda lle vai sol).
Ante a inclusión no Anteproxecto de Lei de Economía sustentábel de modificacións lexislativas que afectan o libre exercicio das liberdades de expresión, información e o dereito de acceso á cultura a través de Internet, os xornalistas, blogueiros, usuarios, profesionais e creadores de internet manifestamos a nosa firme oposición ao proxecto, e declaramos que…
1.- Os dereitos de autor non poden situarse por riba dos dereitos fundamentais dos cidadáns, como o dereito á privacidade, á seguridade, á presunción de inocencia, á tutela xudicial efectiva e á liberdade de expresión.
2.- A suspensión de dereitos fundamentais é e debe seguir a ser competencia exclusiva do poder xudicial. Nin un peche sen sentenza. Este anteproxecto, en contra do establecido no artigo 20.5 da Constitución, pon nas mans dun órgano non xudicial -un organismo dependente do Ministerio de Cultura-, a potestade de impedir aos cidadáns españois o acceso a calquera páxina web.
3.- A nova lexislación creará inseguridade xurídica en todo o sector tecnolóxico español, prexudicando un dos poucos campos de desenvolvemento e futuro da nosa economía, obstaculizando a creación de empresas, introducindo atrancos á libre competencia e ralentizando a súa proxección internacional.
4.- A nova lexislación proposta ameaza os novos creadores e obstaculiza a creación cultural. Con Internet e os sucesivos avances tecnolóxicos democratizáronse extraordinariamente a creación e a emisión de contidos de todo tipo, que xa non proveñen prevalentemente das industrias culturais tradicionais, senón de multitude de fontes diferentes.
5.- Os autores, como todos os traballadores, teñen dereito a viviren do seu traballo con novas ideas creativas, modelos de negocio e actividades asociadas ás súas creacións. Tentar soster con cambios lexislativos unha industria obsoleta que non sabe adaptarse a este novo contorno non é nin xusto nin realista. Se o seu modelo de negocio se baseaba no control das copias das obras e en Internet non é posíbel sen vulnerar dereitos fundamentais, deberían procurar outro modelo.
6.- Consideramos que as industrias culturais necesitan para sobrevivir alternativas modernas, eficaces, críbeis e asequíbeis e que se adecúen aos novos usos sociais, en lugar de limitacións tan desproporcionadas como ineficaces para o fin que din perseguir.
7.- Internet debe funcionar de forma libre e sen interferencias políticas auspiciadas por sectores que pretenden perpetuar obsoletos modelos de negocio e imposibilitar que o saber humano siga a ser libre.
8.- Esiximos que o Goberno garanta por lei a neutralidade da Rede en España, ante calquera presión que poida producirse, como marco para o desenvolvemento dunha economía sostíbel e realista de cara ao futuro.
9.- Propoñemos unha verdadeira reforma do dereito de propiedade intelectual orientada ao seu fin: devolver á sociedade o coñecemento, promover o dominio público e limitar os abusos das entidades xestoras.
10.- En democracia as leis e as súas modificacións deben aprobarse tras o oportuno debate público e tendo consultado previamente todas as partes implicadas. Non é de recibo que se realicen cambios lexislativos que afectan a dereitos fundamentais nunha lei non orgánica e que versa sobre outra materia.
NOTA: Este manifesto foi redactado conxuntamente por xornalistas, blogueiros e internautas, nunha maratoniana sesión durante a tarde-noite de onte. Se estás de acordo, difúndeo por todas as vías que poidas.
Xa sabedes que na corte temos os nosos propios horarios e calendarizacións. As postadas que mandamos ao mundo pasan por varias fases, a saber:
1.- Aivá como se pasan!! (ou “estímulo exterior”)
2.- Isto daba para facer unha posta (ou “primeira xénese”)
3.- Algún día me teño que poñer coa posta… vou ir buscando imaxes (ou “alicerces”)
4.- Nada, xa escribiu Rivas/Pereiro/Regueira/Seioque/Brétemas/etc… sobre o asunto, mellor que eles non o fago (ou “primeira desistencia”)
5.- Ghoder pero como se pasaron! (“estímulo II”)
6.- Agora xa pasou o conto, non vou escribir nada (“desistencia II”)
7.- Uff… que domingo máis aburrido! (“segunda xénese”).
E así chegamos ás tardías postas. Como se tivese algún mérito dar unha patada no tipo que está no chan despois de receber unhas ostias… iso si, quédache mais ben o corpo…